Ourense

Paula Cons: "Non hai mellores protagonistas que as mulleres, ríome da Marvel"

Ourense

25º OUFF

Paula Cons: "Non hai mellores protagonistas que as mulleres, ríome da Marvel"

Paula Cons (XESÚS FARIÑAS).
photo_camera Paula Cons (XESÚS FARIÑAS).

"A acollida foi brutal", din a coruñesa

Paula Cons (A Coruña, 1976) presentou no OUFF "A illa das mentiras", que vén de ser estreada no festival de Shangai e no de San Sebastián. A directora non é allea ao OUFF: en 2015 abriu o festival con"Lobos sucios", película da que foi coescritora, directora de contidos e produtora.

É unha histioria de mulleres galegas que ten éxito en Filmin. Esperaba a boa resposta?

A acollida foi brutal. Non estaba preparada para que ocorrera.

Que é o máis apaixoante para o espectador?

A fotografía. E no cine aínda van alucinar máis coa paisaxe de Sálvora. Tamén as actuacións. Todo o mundo se queda alucinado.

“Titanic galego". Está dacordo?

Así se lle chamou en 1921. O que me alucina é que deste evento non se coñecera nada hoxe en día, sendo chamado o "Titanic galego".

Por que cre que se descoñecía a historia?

Creo que houbo erros institucionais e a nadie lle interesou que se lembrara. Había abandono. Morreu tanta xente que é un tema incómodo, a ninguén lle interesa. Tamén está o tema escuro de como apareceron os mortos.

Como pasou de xornalista a cineasta?

Foi paseniño. Dende sempre quero escribir, gañara un concurso de guión con 17 anos. Foi pasiño a pasiño e despois fixen unha película como guionista. Pouco a pouco. E con esta longametraxe, ía sentindo como a película a tiña dentro e o produtor díxome que a tiña que dirixir eu.

Xa fixera documentais. A formación previa en xornalismo axuda nestes proxectos?

Si. Son xornalista orgullosa.

No anuncio do premio Xacobeo mencionaron a importancia do talento feminino e das historias de mulleres. Como senta?

É un orgullo porque que mellores protagonistas hai para un thriller. Máis valentes, azoutadas, cheas de matices, de forza...arriscando a súa vida. Non hai mellor protagonista, ríome dos heroes da Marvel.

En que proxectos está?

Estou cun documental co director vigués Gonzalo Suárez, que conta a súa experiencia en cadeira de rodas cun equipo de baloncesto. É moi emotivo, cargado de tensión, de grandes momentos, apaixoante. Este ano vou ter moito traballo. Síntome unha privilexiada.

Como ve o futuro do cine tralo covid?

É moi duro. Hai departamentos da miña profesión que o están pasando moi mal e preocúpame. Os cines necesitan agora que estemos aí. Estreei nunha televisión "A illa das mentiras", pero non ten nada que ver con vela nun cine. É un ritual, unha experiencia única. Se queremos loitar por iso, haino que facer agora. Non hai lugar máis seguro que un cine. n