ENTREVISTA

“Non se pode ensinar a repeler unha agresión sendo agresivo"

OURENSE. 02.10.2014. OS REMEDIOS, PRESENTACION CAMPONATO KICK BOXING. CIPRI GOMEZ. FOTO: MIGUEL ANGEL
photo_camera Gomes é instructor de defensa persoal.

Cipriano Gomes, ex deportista de élite e condecorado coa  Real Orden al Mérito Deportivo, é actualmente instructor en defensa persoal e adestrador de kárate e kickboxing.

A fundación que leva o seu nome e que  preside foi a encargada de organizar onte a mesa redonda contra o acoso escolar. 

Como xurdiu esta iniciativa?

Actuamos en centros escolares coma actividade extraescolar, a través dun convenio coa Federación Provincial de Anpas. Ao ser unha entidade non lucrativa e de interese galego, desenrolamos varios programas de carácter social e de índole deportiva, pero tamén temas culturais e lúdicos. O acoso escolar é un problema que captamos nos diferentes sitios nos que actuamos, e que non deixa de ser un tema candente dentro do tecido escolar. Queremos aportar o noso gran de area.

Cando decidiu comezar a loitar contra o acoso?

Empezas a ver as cousas mais aló. Non só como instructor dunha arte marcial ou actividade extraescolar, senón para ser mais eficientes no entorno escolar. Temos casos nos que a nai ou o pai, dende a ignorancia ou a desesperación, chegan pedindo que os seus nenos acudan a kárate para aprender a defenderse. Pero nestes casos, ensinar a un neno a repeler unha agresión sendo agresivo non é a forma. Hai que ter un traballo antes de psicoloxía.Aspectos como a mensaxe corporal e responder con certa asertividade. Temos un programa moi completo, que incluso toca o kárate. Collen confianza en si mesmos.

Cantos nenos hai na fundación?

Dentro das actividades extraescolares pasa dos 300 socios. Temos 12 centros escolares nos que actuamos. 

Que porcentaxe pode acudir por casos de abuso?

Neste momento a porcentaxe é significativa, pode estar rondando o 15%.

E como chegan os pais?

Quedan un pouco impactados porque veñen buscando unha solución fácil e atópanse que ese non é o camiño, que teñen que pasar por outras etapas. Dende a Fundación sabemos que a solución non pasa só por un educador social, un psicólogo ou un monitor de artes marciais. Aquí teñen que actuar varios profesionais.

Te puede interesar