ENTREVISTA | CULTURA

“Ó noso soño de verán fala de liberdade de xénero"

voadora foto_result
photo_camera José Díaz, na dereita, con outros membros de Voadora Teatro.

José Díaz é un dos actores de Voadora Teatro que hoxe interpretará "Soño dunha noite de verán", de Shakespeare", no Teatro Principal ás 19 horas. 

José Díaz García (A Coruña, 1976), actor de Voadora Teatro, considera que "Soño dunha noite de verán", de Shakespeare, que hoxe pon en escena no Teatro Principal ás 19 horas, é "unha boa ferramenta" para facer chegar ó público a temática da liberdade enfocada neste caso cara ó ámbito do xénero.

Por que Shakespeare?

Este ano celebramos o décimo aniversario de Voadora e voltamos a Shakespeare coa visión dos creadores contemporáneos. Facemos diálogo co clásico, conectando coa actualidade e reflexionando dun xeito un pouco irreverente sobre un tema importante. Nesta ocasión, ademais, estamos a falar de grande formato con nove persoas en escena e coproducción galego portuguesa brasileira e chilena. 

Un canto ó amor e á liberdade?

Claro. Soño dunha noite de verán e moi interesante porque Shakespeare escribía de maravilla e sempre traballaba desde a universalidade. Os seus personaxes falan de amor, de conflictos familiares, a vida, a morte... Todo o mundo pasou polos conflictos que presenta. No Soño dunha noite de verán atopamos un canto á liberdade dunha xoven que se rebela ó seu pai para casar co home que ela ama. Nós traemos o discurso e o actualizamos levandoo á liberdade de xénero porque consideramos que é o momento de xerar debate público e aberto sobre este tema.

Nós poñemos enriba do escenario a cuestión da liberdade de xénero porque por fin emerxe públicamente.

Cambiades o esquema?

Bueno, en determinados momentos respetamos o texto pero en outros, certamente, non. A obra está adaptada por Marco Layera, dramaturgo chileno que é un fora de serie do teatro a nivel mundial, e coa cuestión de xénero démoslle unha volta á obra de Shakespeare para facer un canto a liberdade co obxectivo de plasmar na escena o concepto de que cada persoa é libre xa non só de escoller parella senón escoller o seu xeito de vida, decidir que é e qué quere facer coa sua vida.

Algunha novedade en escena?

O elenco está formado por oito artistas, bailaríns, actores, actrices e unha persoa é allea á escena. É unha transexual que pasou o casting e participou en todo o proceso de creación. No teatro contemporáneo o tema dos papeis é diferente polo que vos animo a ver a obra e xerar debate a continuación.

Rompendo moldes?

Pois sí. Na escea mexturamos de xeito irreverente coa intención de que o público saia sorprendido e tocado polas imaxes para debatir e reflexionar sobre un tema que é importante.

Te puede interesar