área metropolitana

Novas áreas infantís en Cebreiros e Lamagrande

Tamén se acondicionarán espazos para os pais que acompañen aos fillos, con bancos para descansar

As aldeas de Cebreiros (parroquia de Covas) e Lamagrande (Melias) terán dous espazos acondicionados para uso infantil antes do verán. O Concello do Pereiro de Aguiar adxudicou xa as obras a unha empresa as obras, que terán un custe total de 105.000 euros entre as dúas actuacións. 

Crearanse dous mini parques infantís con tobogáns e chan de corcho, e tamén se acondicionarán espazos para os pais que acompañen aos fillos, con bancos para descansar. 

Ambos espazos estarán ubicados en parcelas públicas que non estaban dotadas e teñen un prazo de execución de tres meses, polo que deberán estar listas antes do verán. 

Por outra banda, o Concello de Pereiro tamén acometerá a segunda fase de acondicionamento do camiño que comunica A Derrasa e Santa Marta, con cargo ao Plan Marco 18-19. A obra terá un custe de 53.115,37 euros, dos que 43.000 será financiados mediante subvención. 

O camiño será ampliado "grazas á cesión de veciños dalgunhas parcelas" e permitirá que poidan circular peóns e bicicletas. 

Te puede interesar