Sanidad

O novo centro de saúde en Pereiro de Aguiar abrirá o próximo luns

O novo centro conta cunha superficie de 682,17 metros cadrados e un equipamento renovado no que a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras investíu mais de 100.000 euros

Os 3.349 usuarios do centro de saúde de O Pereiro de Aguiar estrearán este luns o seu novo centro sanitario, unha moderna construción na que a Xunta de Galicia investíu mais dun millón de euros e duplica o espazo dispoñible, nun edificio de uso compartido coas oficinais municipais.

O novo centro conta cunha superficie de 682,17 metros cadrados e un equipamento renovado no que a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras investíu mais de 100.000 euros. 

Na área asistencial hai tres consultas de medicina, dúas de enfermería, outra polivalente, unha sala de exploración xinecolóxica para desenvolver o programa da muller e amplas salas de espera, entre outras dependencias de servizos xerais, como aseos públicos adaptados, almacéns de material e instalacións específicas para servidores ou climatización. Ademais, o novo centro de saúde conta tamén cunha área de persoal, con sala de xuntas-biblioteca, vestiarios e aseos. 

O cadro de persoal do centro está formado por tres médicos, dúas enfermeiras e un administrativo. Este equipo dará resposta á demanda sanitaria deste concello, que experimentou un aumento de poboación nos últimos anos, pasando de 3.000 usuarios, en 2006, aos actuais 3.349, un incremento por riba do 10%, pouco habitual na provincia. 

Te puede interesar