EN OURENSE

Un novo edificio da cidade súmase ao plan de rehabilitación

<p></p>
photo_camera Edificio na rúa Cervantes, que será rehabilitado.

A recuperación dun inmoble na rúa Cervantes permitirá contar con tres novas vivendas e un local comercial

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de adxudicar esta semana o contrato para a rehabilitación dun inmoble emprazado no número 14 da rúa Cervantes, no casco histórico da cidadce, cun investimento de máis de 581.000 euros, segundo acaba de dar a coñecer este departamento do goberno autonómico. Esta intervención, que conta cun prazo de execución de 12 meses dende o inicio das obras, permitirá dispor dun edificio rehabilitado con tres vivendas e un local.

A consellería está a desenvolver nestes momentos proxectos simulares nesta zona de cidade, unha das máis degradadas, rehabilitando. Este pasado mes de abril iniciáronse as obras no número 2 da rúa do Vilar que, cun investimento de preto de 374.000 euros e un prazo de execución de 12 meses, permitirá habilitar dúas vivendas. E en xuño iniciáronse as obras de rehabilitación de Vilar 3 e 5, cun investimento de preto de 494.000 euros.

Segundo a información que da a coñecer este departamento, hai en marcha outros proxectos de edificación, concretamente oito vivendas de nova construción no barrio de Covadonga, cun investimento de preto de 790.00 euros. Estas obras comezaron neste pasado mes de abril e teñen un prazo de execución de 12 meses.


REXURBE


As obras de rehabilitación no casco histórico de Ourense continuarán coas actuacións nos inmobles que a Xunta adquira, como resultado da oferta pública de adquisición realizada no pasado mes de febreiro.

Por outra banda, no marco do programa Rexurbe, co que a Xunta está traballando na recuperación de cascos históricos de diferentes vilas e cidades galegas, na cidade de Ourense presentáronse xa catro ofertas para a adquisición de edificios, por importe de preto de 754.000 euros, emprazándose os inmobles ofertados nas rúas Pelaio, Manuel Sueiro, Cervantes e Dous de Maio, na zona sur do casco histórico da cidade, onde máis urxencias hai de recuperación dos edificios de vivendas.

Actualmente os técnicos do Instituto Galego de Vivenda e Solo están comprobando a documentación presentada polos actuais donos e, posteriormente, realizarase unha taxación dos citados inmobles.

Te puede interesar