Formación

Novos alumnos para o coidado das zonas verdes

Participantes en un obradoiro de emprego (Miguel Ángel).
photo_camera Presentación do obradoiro de emprego, con vocación social (MIGUEL ÁNGEL).

Os alcaldes de Barbadás, San Cibrao e Taboadela e o tenente alcalde de Toén participaron onte na presentación do obradoiro de emprego "Concellos Rurais da Comarca de Ourense". O orzamento deste proxecto, sufragado pola Xunta, ascende a 415.000 euros. 

Este plan de formación céntrase na instalación e mantemento de zonas verdes, así coma no control de pragas, enfermidades, malas herbas e fisiopatías. O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, valorou a unión dos concellos, "xa que sen ela non sería posible este obradoiro".

A súa directora, Rosa María Basalo, destacou unha especialidade formativa que capacita para o traballo cualificado en xardinería. Para o proceso de selección valorouse a inclusión social, o tempo de desemprego, a situación familiar e o entorno. 

Te puede interesar