Río Barbaña

O PSOE urxe ao Goberno municipal a solventar a situación do río Barbaña

O debate sobre o estado no que se atopa o río retomouse debido a celebración do xuízo polos vertidos tóxicos que afectaron ás augas do Barbaña.

O PSOE reclama ante o Goberno municipal a situación actual na que se atopa o río Barbaña. Os socialistas recordan que a finais do ano 2016 o Barbaña foi situado entre os ríos máis contaminados de España.

O debate sobre a contaminación do río retomouse debido á celebración do xuízo polos vertidos tóxicos que tiveran lugar fai 9 anos.

Dende o PSOE urxen a tratar a histórica problemática que rodea ao río Barbaña, pedindo que se tomen medidas para solventar esta cuestión e traballar pola posta en valor do mesmo no período 2018-2022. Para dito proxecto, sinalan a importancia da construción de depuradoras de residuos industriais,, así como de desenvolver un plan de saneamento.

 

Te puede interesar