entrevista - vida

O valor do bo teatro

Roberto Pascual
photo_camera O organizador da MIT de Ribadavia, Roberto Pascual (JOSÉ PAZ).

Neste 2019 cúmprense 35 anos da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, MIT, e dez da chegada de Roberto Pascual á súa dirección. Un xoven apaixoado do teatro, que agora encargase da organización dunhas xornadas referentes que conseguen, ano tras ano, que o público se namore do teatro

Neste 2019 cúmprense 35 anos da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, MIT, e dez da chegada de Roberto Pascual á súa dirección. Un xoven apaixoado do teatro dende sempre, tanto é así, que incluso cando estudaba a carreira chegou a ir en bici, ida e volta, pedaleando dende o Carballiño para ir a ver algunha das funcións propostas naqueles ano na Mostar. Agora, cecáis por cousas do destino, con moita loita por facer realidade soños, encargase da organización dunhas xornadas referentes que conseguen, ano tras ano, que o público se namore do teatro. A función está en marcha. 

Cales son as grandes liñas de programación deste ano? Algunha novidade destacada? 

Podemos sinalar tres: o novo circo, o teatro documento e a escena híbrida. No primeiro caso, o novo circo de Circo “eia”, El fedito, Sincronacidas ou Pistacatro amosarán a calidade dun xénero capaz de integrar moitas disciplinas artísticas ao servizo dun tema ou dun concepto dende a excelencia técnica e o divertido cuestionamento de etiquetas. 

Na escena híbrida, sinal de identidade dun festival esperto ao mundo, temos un dos grandes artistas internacionais, o inclasificable Olivier de Sagazan. E no teatro documento, "Jauría", "Anatomía dunha serea", "Curva España", incluso en certa maneira "Los bancos regalan sandwicheras y chorizos". O teatro documento parte de feitos reais, da historia ou de documentos rescatados que saltan para cuestionarnos, sorprendernos ou facer que tiremos as nosas propias conclusións.

35 anos de historia.... Como ten mudado o festival en todos estos anos dende aquelas orixes?

Mudou acorde aRoberto Pascualo progreso do sector profesional de Galicia, pero si é certo que tamén conseguiu saltar varios chanzos de visibilización e de ambición no diálogo exterior e na innovación da xestión cultural. A capital do teatro galego só pode ambicionar os mellores exemplos da escena mundial, ter afán de cambio e non estancarse. Todo isto sen esquecer as súas orixes e a súa identidade, valores moi importantes.

Ano tras ano logran o respaldo non só do público profesional senón de todo tipo de espectadores....cal e o segredo? Quizais polo xeito de relacionarnos cun público que cada vez valora máis a calidade dun servizo que atende á diversidade, que lle ofrece un programa moi meditado, coherente e que está en diálogo co que acontece nos grandes referentes escénicos do resto do mundo, pero sen seguir o ditado das modas vacuas. Tamén porque o que sucede en Ribadavia, dificilmente se pode ver en ningún outro lugar: estreas, grandes mestres do teatro europeo e americano, espectáculos nunha igrexa, foros, paseos insólitos nun lugar de gran beleza patrimonial e moita historia.

O cartaz deste ano ten como figura central a BOBO un actor que no 2018 estivo no festival e faleceu fai uns meses.

Trátase dunha homenaxe é a todas as persoas que nos deixaron pegada na alma e no corazón. O espello deste cartaz, que multiplica as imaxes coma un caleidoscopio, quere facernos revivir os momentos (tantos e tan especiais) que nos proporcionaron os escenarios de Ribadavia. Isto demostra que o teatro non é efémero.

Tamén vemos que a imaxe deste é como un balance da última década... Ernesto Chao, Pico... nomes que xa non están neste mundo pero que deixaron fonda pegada na historia de Ribadavia  Algunhas continúan, outras magoadamente xa non poderán volver nunca máis a Ribadavia, coma os que se citan ou Manu Lago (artista de circo vinculado a Pistacatro), Miquel Gallardo, Xan Cejudo e outros que nos legaron non só os froitos da súa arte senón tamén o seus respectivos compromisos. Dende Ribadavia, queremos poñer en valor toda a súa memoria para que sexa alimento da chama que alente ás novas xeracións do teatro galego e nos dea forza para seguir loitando ante as dificultades.

Sempre foi moi importante a conexión con Portugal, país do que reciben obras e espectadores. 

A nosa relación co teatro portugués é estratéxica. As afinidades e colaboracións co festival de Almada, por exemplo, son fundamentais para Roberto Pascualconseguir compartir gastos das xiras internacionais e poder presentar a moitas compañías que só cos nosos recursos sería imposible presentar. Pero alén do económico, o modelo de cidade cultural do Porto é algo ao que se poderían querer comparar as nosas grandes cidades, coma Vigo. Teatros coma o Rivoli e o FITEI son algúns dos exemplos de cidade creativa que quere crecer sen esquecer o apoio á arte escénica aberta ao mundo. Entenden que iso concede prestixio á cidade e moitos beneficios (non sempre medibles en termos económicos, pero igualmente importantes e nobres). Lisboa e o traballo de Tiago Rodrigues no Teatro Nacional Dona Maria II é outro modelo de referencia, sobre todo tamén para o noso ferido e danado teatro nacional, un CDG nas súas horas máis baixas...

Como convencería os que nunca estiveron na MIT a que a descubran?

Diríalles que non deixen escapar as pequenas xoias no medio dun nutrido programa, na Igrexa da Madalena por exemplo (A.K.A. chega precedida por máis de 11 premios). Tamén que veñan encontrarse nun foro de grandes actores, actrices, compañías, amantes do teatro que procuran unha experiencia de posfunción distinta, con compañías que nos fan sentir momentos excepcionais entre a risa, a sorpresa e a emoción (como acontecerá de seguro con Un poyo rojo, que dende a súa pequena sala de Bos Aires chegaron a converter en virais algúns dos seus vídeos de teatro físico en Youtube), que haberá funcións irrepetibles como Orquestra de malabares coa banda La Lira... Pero diríalles tamén que percorran as belas paraxes naturais co programa SputMIT e fagan parada cunha copa de Ribeiro.

Te puede interesar