PROMOCIÓN

A obra "O Cataventos", para vivir as Letras con La Región

2018-05-15S-photo-00000052
photo_camera Portada de "O Cataventos", libro de María Victoria Moreno.

Os lectores poderanse facer co libro que recolle textos de María Victoria Moreno, por 4,95 euros

La Región non quere que os lectores queden sen coñecer a figura de María Victoria Moreno, a estremeña que este ano é a homenaxeada polo Día das Letras Galegas. Para isto, mañá, 17 de maio, o xornal traerá de agasallo o libro "O Cataventos", con textos de María Victoria Moreno e ilustracións de Lara Torres Rodríguez.

Facerse con esta obra é moi sinxelo. Mañá, o seu exemplar de La Región traerá un cupón no lombo, que deberá entregar no punto de venda, xunto con 4,95 euros, para recibir "O Cataventos". Iso no caso dos lectores.

Para os subscritores será aínda máis fácil. Para conseguir o libro, teñen unha oferta especial, por só 3,95 euros. Para facerse con el, terá que reservalos no teléfono de atención ao cliente, 988 604 076, de luns a venres en horario de 9,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 19,00 horas. No momento no que realicen a reserva, indicarase onde poderán facer a recollida.

A obra que poderá conseguir mañá con La Región, "O Cataventos", está encuadernada en tapa blanda, cunhas medidas, 21 x 21 centímetros, está impreso en cor, e recolle textos de María Victoria Moreno.


Quen é a autora


A autoria dos textos, María Victoria Morena, é unha pontevedresa de adopción que chegou a Galicia no ano 1963, cando tiña tan só 22 anos, procedente de Valencia de Alcántara, a súa terra de nacemente. Non tardou moito en galeguizarse e escoller a lingua propia de Galicia para escribir as súas obras narrativas infantís e xuvenís, e tamén para os seus estudos literarios, o ensaio, a poesía e a didáctica da lingua e literatura galegas. 

Te puede interesar