As obras deixan ó centro de saúde de Beariz sen calefacción

O Sindicato de Enfermería reclama unha solución urxente aos cortes de enerxía nas instalacións

O Sindicato de Enfermería en Ourense (SATSE) reclamou ante a Dirección de recursos económicos da Area sanitaria unha solución a insostible situación de falta de calefacción do centro de saúde de Beariz en varias ocasións, “sin resolución pola sua parte e aludindo a única responsabilidade do Concello, encargado do mantemento do centro”, matiza.
Sinala que hai máis de tres semanas que se cortou o suministro de calefacción debido ás obras que están a realizarse no edificio. Para suplir esta carencia dotouse de calefactores eléctricos, “resultando estes incompatibles coa instalación eléctrica e provocando continuos cortes no subministro, e por conseguinte, o mantemento de temperaturas inaxeitadas”, engaden.

Do mesmo xeito, afirman que nos últimos días produciuse outra avaría no teito que inhabilita o uso dos baños, “non procedendo, como sería de esperar a sua reparación con carácter urxente, non esquezamos que se trata dun centro sanitario, o cal reflexa unha total desidia por parte de ambas administracións”, conclúe.

O alcalde, Manuel Prado, asegurou que un electricista estivo traballando para solucionar o problema, pero que onte volveron a producirse cortes no subministro eléctrico, que según declarou, esperan arranxar de inmediato. En canto á deficiencia no teito manifestou que se está a espera de que cese a choiva para executar as obras

Te puede interesar