Obras

Obras de mellora para o centro de saúde de Amoeiro

Exterior do centro de saúde de Amoeiro (JOSÉ PAZ).
photo_camera Exterior do centro de saúde de Amoeiro (JOSÉ PAZ).
A Xunta tamén colaborará na reforma integral do ambulatorio de Manzaneda por 75.448 euros

O centro de saúde de Amoeiro terá unha rehabilitación da súa cuberta que non o obrigará a suspender a activdade asistencial durante a execución das obras. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, confirmoulle a intención deste proxecto ao alcalde de Amoeiro, José Luis Gonzlález,  presentándolle unha proposta de convenio. Esto permitiría levar a cabo unha mellora integral deste centro de saúde, no que ambas adminsitracións participarán no seu financiamentos. O orzamento que teñen previsto é de algo máis de 14.600 euros,  aportado a partes iguais pola Xunta e polo goberno local, xa que se trata dun equipamento de titularidade municipal.

Para determinar o estado do inmoble na elaboración deste combenio entre as dúas administracións, a Xunta fixo un informe sobre a súa situación actual. Nel déixase cosntancia  de que non será preciso interromper a prestación sanitaria durante as obras, polo que os veciños poderán seguir indo ao centro de saúde.  A reforma da cuberta do edificio ten por obxectivo mellorar a calidade asistencial y proporcionar unha atención primaria “máis próxima, máis moderna e mellor adaptada ás súas necesidades”, segundo Alén. 

Tamén onte, o delegado da Xunta presentou un convenio colaborativo ao alcalde de Manzaneda, Amable Fernández, para unha reforma integral no seu centro de saúde. Neste caso, acometerase un plan de obra para a reparación da cuberta, a reforma do aseo para a súa adaptación a persoas con mobilidade reducida, a substitución da caldeira e  de cadro xeral de baixa tensión, que non precisará da interrupción na actividade diaria. O importe da intervención ascenderá a 75.448 euros.

Te puede interesar