ENTREVISTA

“O obxectivo de ‘Meus' é deixar unha pegada do crisol das familias que hai hoxe en día"

_miguelpineiro22_result
photo_camera Miguel Piñeiro, realizador do programa "Meus".

O veterano realizador Miguel Piñeiro está estes días cos nervos a fror de pel, pois esta noite, ás 23,30 horas, estrea un novo programa na Televisión de Galicia, "Meus", producido por La Región.

Trátase dun espazo de entretemento familiar  englobado dentro do xénero coñecido como "factual", moi de moda na actualidade e do que se nutren boa parte das canles de documentais, que neste caso ten á familia como punto de partida e orixe de cada un dos episodios. Os protagonistas do primeiro programa son Rosario Lovelle, unha peiteadora xubilada dos Peares, que superou un cancro de mama e viu como esa doenza se levou o seu home, e David Álvarez, un traballador vigués de Citroën, que ten unha gran paixón, as traiñeiras.

Pode definirse “Meus” como un programa documental ou de docu-realidade?

É un programa que se engloba dentro xénero "factual", de gran tendencia na actualidade,  no que se amosa a realidade como se fose un documental, pero con entretemento. Ten algo moi interesante, abre unha ventá á sociedade civil. Dalle un protagonismo como si eles foran "celebritis", que é o que son realmente. Convértense en personaxes importantes. Cada ún conta a súa vida, todo o mundo ten unha capacidade importante de expresarse e de por en valor a vida que tivo e ten.

Ten algún paralelismo con outro tipo de espazos?

"Meus" non se parece en nada a outros espazos que se pasan nas canles de televisión. É totalmente orixinal, tanto de La Región como meu. O único paralelismo que  pode ter quizáis sexa a importancia que foi collendo estos últimos anos a fotografía, que está moi presente no fío conductor do programa.

Cómo xurdiu “Meus"?

Nestes últimos años teño moita relación coa fotografía e con festivais franceses nos que ves como a fotografía social volve a rexurdir. Esta fotografía social moi preparada deixa unha pegada do que somos e do que queremos que nos vexan. Desde aí evolucionou a idea de que podería converterse nun programa de televisión.

Cál é a mecánica do programa?

Unha persoa, home ou muller, é o protagonista que quere elexir unha familia para facerse unha foto. Moitas veces o protagonista elixe unha familia de sangue, mentras que outras non o son, pero que se convirten en familia pola proximidade, por acontecimentos da vida, ou de deporte. Como ocorre coa primeira protagonista, Rosario, que vive soa, elixe como familia a persoas que a axudaron a superar o cancro de mama, e os traballadores da asociación contra o cancro de Ourense. Esta xente pasa desta forma a formar parte de "os meus". Cada familia ten un fotógrafo convidado que é quen deseña a fotografía final. Entre o protagonista e o fotógrafo deciden o lugar onde se vai facer a foto,.

Qué tipo de familia participa?

Participa todo tipo de familia, porque o obxectivo do programa é deixar unha pegada do crisol das familias que hai hoxe en día no século XXI. Nestes primeiros programas temos persoas que consideran máis familia a súa égua que o resto da contorna familiar, tamén temos dous primos de Foz que son capaces de xuntar a 90 primos tamén, así como un rapaz que é xordomudo que xunta a toda familia que son tamén xordomudos.

Cómo aparece toda esta xente?

Vamos seguindo pesquisas que temos, falando con asociacións, amigos, contactos, e de todo elo facemos  unha pequena criba buscando aquela xente que teña un motivo importante. Aínda que calquera motivo é suficiente para poñerse diante dunha cámara e facerlle unha homenaxe os teus.

É difícil facer un retrato de familia?

Sí. É complicado sobre todo a nivel de producción. Ten un hándicap porque tes que gravar os fins de semana porque é cando a xente se pode xuntar. Logo hai que facer unha pre producción para que o protagonista teña tempo de avisar a todas aquelas persoas coas que quere compartir o espazo. É un programa de televisión para que o protagonista presuma de familia cun gran retrato final.

De cantos capítulos componse?

Fixemos 13 capítulos con dúas familias en cada capítulo, para os que percorremos Galicia de punta a punta. Polo tanto son 26 familias e chegamos a xuntar a 900 convidados que se fotografaron. Hai ademáis o número 14 que é un resumo. Unha exposición de todas as fotos feitas.

Qué espera do programa?

Esperamos que teña unha boa acollida e poidamos seguir gravando.  Xa temos máis contactos en caso de que se renove. Se ti ves o programa, éntranche ganas de facer ún. O final queda un documento emotivo que marca moito. Unha vez que se vaia emitindo a familia participante vai recibindo a fotografía en formato grande e unha copia para cada ún dos convidados, ademáis do episodio enteiro.

Damos os galegos moita importancia as relacións familiares?

Penso que sí. Esa é unha gran diferencia nosa co resto de Europa. Temos aí esa salvaguarda que nos salva de calquer problema que é a familia, por moitas cousas que se poideran decir.

Ten “Meus" máis complexidade que outros espazos que fixo?

Ten bastante, xa que aquí un convértese tamén en espectador do que vai facendo. Profesionalmente é un reto porque hai que saber empaquetalo, narralo, e que o producto sexa respetuoso con cada protagonista. Remarcar tamén o gran esforzo de producción que fixo La Región, xa que se gravou con cámara de cine dixital, o que lle da o programa unha calidade fotográfica con mellor percepción para o espectador.

Cándo comenza a súa emisión e donde poderá seguirse?

A emisión comenza este luns ás 23,30 horas na TVG. Pero o programa tamén abriu unha páxina en Facebook donde os espectadores poderán ir coñecendo as familias. A quenda de programas está pechada, pero se ten aceptación, nesta páxina iranse dando pistas a quenes queiran participar en caso de que teña continuidade.

Te puede interesar