En confianza

Oliver Laxe: "Lume e sacrificio"

Oliver Laxe_05_result
photo_camera Oliver Laxe
O cineasta está en Ourense e ademáis de participar no Foro La Región, concedeu unha entrevista antes do estreo do seu filme "O que arde"

O lume engaiola. O lume exerce un misterioxo embruxo coa súa danza de chamas. O lume arrepía arrasando todo o que atopa por diante. Árbores, cultivos, animais... sucumben ao seu letal paso deixando negra tristura e desolación. E poucas veces é froito da casualidade. E tratar de captar, chegar e achegar esa realidade voltando con ela a Galicia, foi un dos motivos que levou a Oliver Laxe a gravar "O que arde". Mañá, día 30, ás 22,30 horas e o día 3, ás 20,00 horas, os espectadores poderán vela nas salas dos cines Ponte Vella, no marco do Ourense Film Festival, Ouff, en competición. En cines estrease a partires do día 11 de outubro. 

“O que arde” é a terceira longametraxe do cineasta Oliver Laxe, a primeira rodada en Galicia e galardoada o pasado venres co IX Premio San Sebastián-Guipuzkoa Film Commission. O fío da historia non pode ter máis compromiso cunha terra castigada ano tras ano coa lacra dos incencios. A película falanos de Amador, un incendiario que regresa do cárcere tras cumplir condena por provocar un incendio, aínda que durante todo o filme xoga coa ambiguedade para que o espectador dubide de tal culpabilidade. O seu día a día coa súa nai Benedicta, e coa súa fiel cadeliña Luna, transcorre tranquilo nunha aldea perdida das montañas lucenses. Todo cambia cando un lume arrasa a zona. 

Cales son os alicerces de “O que arde”?
Na película os elementos, o ser humán e a natureza disólvense nun todo. Nun todo con maiúsculas. Penso que é unha película perfecta na súa imperfección. Como o é o mundo e somos os seres humáns. Ten as mismas paradoxas que temos todos. O cinema é o arte da imperfección, afortunadamente. E eu que son alguén que busca a perfección, atopei o mellor antídoto para traballar a miña capacidade de aceptación, a miña dispoñibilidade.

Cóntenos, porque a necesidade de rodar “O que arde”?
Eso me pregunto eu... cecáis se resume na necesidade de voltar a casa.

"É unha película perfecta na súa imperfección. Como o é o mundo e somos os seres humáns. Ten as mismas paradoxas que temos todos"

Centrouse nos temas dos incendios, cal foi o motivo?
Enlazando coa anterior pregunta, a necesidade de coidar da casa. 

Durante a rodaxe enrolouse no traballo diario dos brigadistas, que recordos ten deses días?
Máis que recordos son sensacións, emocións. O meu equipo e eu temos na convivencia cos brigadistas as mellores lembranzas da rodaxe. Foi conmovedor ver a súa capacidade de servicio, de sacrificio, o seu desinterese. Foron un exemplo para nós. Eles aprendéronos a dar, a ser xenerosos. E ante os lumes, son moitos os que pensan que hai que invertir máis en prevención para invertir menos en extinción.

Na película, Amador sae do cárcere tras cumplir condea por un incendio. Aínda que durante a película xoga coa dubida de se é ou non culpable. Cal é a razón?
Porque todos somos culpables. Porque todos poderíamos facer máis e mellores cousas. Por cambialas, protexelas ou coidalas. E polo tanto, tamén todos somos inocentes, porque facemos o que podemos. 

Tanto Amador como a súa nai Benedicta, protagonistas do filme non son actores profesionais. Que viu de especial neles para ser o eixo central de "O que arde"?
A xente do campo é xente de verdade. É auténtica. Non ten máscaras. Parece que os urbanitas temos “botox” na cara.

"Todos poderíamos facer máis e mellor por cambiar, protexeu ou coidar as cousas. E polo tanto, tamén todos somos inocentes, porque facemos o que podemos" 

Outro dos temas preocupantes que asoma entre os fotogramas da película é a despoboación do rural.
Esa é a gran cicatriz. Buscánse responsables, cando a falta de perspectiva para o rural é a verdadeira culpable. Son 80 anos de malas decisións cun desleixo total do lugar de onde vimos. 

O seu cine é arriscado, non é convencional, pero acada éxitos e eloxios alí onde se exhibe. Cal cree que é o motivo?
Unha das leis da vida é que sen risco, non hai éxito. No fondo, a miña toma de risco e puro conservadurismo. Nace dun cálculo moi tradicional, canto máis arrisco, máis posibilidade de éxito teño. Pensa que os mellores froitos non están ao alcance da man, os mellores son aqueles que hai que gabear pola árbore para acadalos. Ademais, o bo de subir polas pólas non só son os bos froitos, tamén é que tamén tes as mellores vistas. 

Nado en París, que recordos ten de cando regresaba á aldea dos seus antepasados?
Lembro o traxecto nun vello Land Rober, as paradas nas tascas – tendas tradicionais e como o meu avó me mercaba eses chicles pica pica. Agora son os veciños os que queren convidarme a tomar algo.  

Que lle transmiten Ancares?
É un sitio que me fai feliz. Cando un se sinte que é da casa, xa non caben descripcións. É a miña casa. Esa sensación é indescriptible. Vai máis alá das emocións.  

Que nos pode contar del?
Trátase dunha granxa pedagóxica na que se van impartir obradoiros de agricultura e de cultura co fin de xerar sinerxias culturais e económicas nas montañas de Lugo. Se todo vei ben, comezamos en novembro do ano que ven as actividades. Quero tentar facelo mellor, sentirme menos culpable e máis responsable.

E en relación co cinema?
Si que hai novos proxectos, pero pensó que este dos Ancares, durante un par de anos, é o máis san para mín. Estar un tempo concentrado nesto. n

Te puede interesar