Cidade

"Olladas na rúa" analizou este venres a arquitectura do Pazo Provincial

Ollada
photo_camera Algunas das personas que asistiron a "Ollada na rúa".

Un centenar de persoas percorreron o edificio, co presidente da Deputación, a arquitecta Eva Reza e directivos do Colexio de Arquitectos de Ourense

"Olladas na rúa", que ten como obxectivo analizar a arquitectura de espazos e edificios emblemáticos da cidade, fixo este venres unha parada no Pazo Provincial. Na actividade, organizada polo Colexio de Arquitectos de Ourense, participaron o presidente da Deputación, Manuel Baltar, a arquitecta Eva Reza, directivos do Colexio de Arquitectos e un centenar de persoas, que percorreron todo o edificio.

 

Te puede interesar