A oposición acorda reducir a carga de traballo e a reincorporación de persoal en dous negociados do Concello

Os 17 votos da oposición municipal foron maioría para ratificar a moción de Democracia Ourensana co fin de reducir e axilizar as accións administrativas e burocráticas nos negociados de Estatística e Rexistro no Concello

"Caos", "colas enormes" e "incompetencia". Estas foron as tres palabras máis utilizadas pola oposición do Concello de Ourense (DO, PSdeG e Ourense en Común) para describir a situación dos negociados de Estatística e Rexistro do ente municipal. A moción levada a pleno por Democracia Ourensana foi aprobada por a totalidade da oposición e soamente cos votos en contra do PP.

A aprobación desta norma pretende axilizar os trámites burocráticos e reducir a carga de traballo nestes dous negociados da administración local.

Te puede interesar