Infraestruturas

Os socialistas de Piñor denuncian o estado dalgunhas pistas do concello

pistas
photo_camera Estado dunha das pistas do concello de Piñor, onde se aprecian importantes socavóns.

"Xa alertamos da situación hai máis de medio ano e o único que recibiron os veciños, foi a pasividade dun goberno que non atende nin o máis básico", explica o portavoz do PSOE no concello, Francisco Fraga

Os socialistas denuncian que a veciñanza comeza a arranxar por medios propios os estragos nas pistas de Piñor, tal e é o caso de Vilar, sobre a que o portavoz do PSOE no concello, Francisco José Fraga Civeira, sinala que “xa alertamos da situación hai máis de medio ano e o único que recibiron os veciños, foi a pasividade dun goberno que non atende nin o máis básico. Deixa que as pistas se estraguen e que os socavóns vaian a máis, por efecto do seu uso, pondo en perigo ós usuarios e danando os vehículos”.

Os socialistas indican, ademais, que "o alcalde do PP non só pasa de arranxar casos tan evidentes senón que ten toda a rede de estradas do concello feita un desastre ou con parches que non valen para nada. Isto foi o que pasou no caso doutra pista, a que vai dende A Gouxa á Pallota e que da servizo á parroquia de Coiras, a varios pobos do Concello de San Cristovo de Cea e dos concellos pontevedreses de Rodeiro e Dozón", explica.

Te puede interesar