O ourensán Rodrigo Vázquez, premio Mestre Mateo a mellor comunicador

A película "a Illa das mentiras", que se estreou na pasada edición do OUFF, foi unha das grandes vencedoras

Non foi a de Telemiño, con "Cinephilia", a única pegada ourensá da XIX edición dos Premios Mestre Mateo que outorgou onte a Academia Galega do Audiovisual. O presentador ourensán Rodrigo Vázquez volveu gañar na candidatura de mellor comunicador, polo seu programa "Quen anda aí?", emitido na TVG. 

A película "Ons", de Alfonso Zarauza, resultou gañadora en 9 das categorías polas que optaba a premio, mentres que "A Illa das mentiras", dirixida por Paula Cons, obtivo 5 galardóns. Precisamente esta última longametraxe presentouse na pasada edición de Ourense Film Festival. 

Os académicos tamén elixiron "Nación" de Nós Produtora Cinematográfica Galega coa participación de TVG como mellor documental. Esta cinta, dirixida por Margarita Ledo Andión, chegou este fin de semana aos cines ourensáns. 

"Néboa" distinguiuse como mellor serie de televisión. "Desde o mar", premio a mellor anuncio publicitario; "Muinheira de Interior", de Xaime Miranda,  mellor videoclip, e "Carne" de Abano Producións e "Xoves de comadres", de Islandia Producciones, gañaron cadanseu galrdón a mellor curtametraxe de animación e imaxe real. "Xan", de Lucía Estévez e Miguel Canalejo foi distinguida como Mellor Serie Web.

Premio de honra

A Academia Galega do Audiovisual premia cada ano a traxectoria de profesionais cuxa traxectoria resulte relevante para o sector. O actor, dramaturgo, director teatral, tradutor e docente Manuel Lourenzo recibiu o premio de honra Fernando Rey en recoñecemento á súa "extensa e prolífica traxectoria e á súa ireemplazable contribución á cultura galega".

A presentadora do espectáculo, Lucía Veiga, estivo acompañada no escenario por De Vacas, que puxeron a música. 

Te puede interesar