Cultura

Núñez Seixas gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2020

Xosé Manoel Núñez Seixas, historiador ourensán.
photo_camera Xosé Manoel Núñez Seixas, historiador ourensán.
Foi recoñecido pola súa obra "De imperios e danzas: poéticas da pluralidade territorial no fascismo español (1930-1975)". 

O historiador Xosé Manuel Núñez Seixas (Ourense, 1966) fíxose co Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2020, convocado pola Xunta e a Editorial Galaxia e dotado con 3.000 euros, grazas á súa obra "De imperios e danzas: poéticas da pluralidade territorial no fascismo español (1930-1975)". 

O xurado, que concedeu o premio por maioría, destacou como "presenta o fenómeno da utilización do folclore e dos seus símbolos por parte do fascismo, baseándose nunha ampla e rigorosa documentación". Máis aló, "a obra salienta a actualidade do tema ao vincular os feitos históricos que trata co presente".

Núñez Seixas é licenciado en Historia pola USC e doutor en Historia Contemporánea polo Instituto Universitario Europeo de Florencia. Exerce a vicepresidencia do Consello da Cultura Galega, e xa en 2019 fora Premio Nacional de Ensaio. 

Te puede interesar