EL TIEMPO

La provincia tirita de frío: -4,7 en Verín

ma_2019_0013_result
photo_camera Voluntarios de Cruz Roja atendiendo a Zen, bajo el Puente Novísimo en la ciudad de Ourense.

La provincia vuelve a ser un congelador. En Verín se registraron -4,7 grados, -4,6 en Calvos de Randín y -3 en Vilariño de Conso

Os termómetros rexistraron -4,7 graos centígrados na localidade ourensá de Verín na mañá deste xoves, nunha xornada coa provincia de Ourense con aviso por temperaturas mínimas.

Segundo os rexistros de Meteogalicia até as 9,30 horas en localidades con altitude menor de 900 metros, recollidos por Europa Press, ás 9,10 horas rexistrouse a mínima en Verín, con -4,7ºC, e ás 9,30 horas, -4,6ºC en Calvos de Randín (Ourense).

Tamén na provincia de Ourense na mañá deste xoves rexistráronse valores mínimos negativos significativos como os -4,3ºC en Viana do Bolo ás 8,10 horas e os -4,2ºC en Leiro ás 8,30 horas.

Pola súa banda, en localidades con altitude maior de 900 metros a mínima até as 9,30 horas deste xoves correspondeu á Veiga (Ourense), con -4,4ºC ás 8,50 horas; mentres que a localidade da montaña de Lugo Pedrafita do Cebreiro rexistrou -4,3ºC ás 7,00 horas.

Tamén noutros puntos da montaña ourensá rexistráronse valores mínimos significativos como os -3,8ºC na Mezquita ás 8,10 horas e os -3ºC en Vilariño de Conso ás 4,40 horas.

Te puede interesar