GESTIÓN DE RESIDUOS

Ourense, a la cola de Galicia en reciclaje de vidrio

Cada ourensano recicló el año pasado 12,9 kilos de media, tres menos que la provincia de A Coruña.

Os galegos reciclaron 39.900 toneladas de residuos de envases de vidro a través do colector verde durante 2015, o que supón un incremento do 2% con respecto a 2014, segundo informou nun comunicado Ecovidrio.

A entidade encargada do reciclado de vidro en España xestionou a recollida selectiva de máis de 152 millóns de envases en Galicia, o que equivale a 55 envases por cidadán.

O total de envases reciclados na comunidade colocados de pé cubrirían máis de 150 veces a superficie total da Catedral de Santiago de Compostela.

En Galicia recicláronse unha media de 14,6 quilogramos por habitante. Por provincias, A Coruña foi a que máis reciclou, cunha media de 15,9 Quilos por habitante, por enriba de Pontevedra con 14,4 quilos por habitante e Ourense e Lugo, con 12,6 quilos por habitante.
 

Te puede interesar