SOLIDARIDADE

Ourense en Común pide axuda en medicamentos para as refuxiados saharauis

FotoJet Collage
photo_camera Miguel Doval en varias fotos cos nenos saharauis.

O grupo político quere "visibilizar as necesidades deste pobo abandonado na diáspora hau máis de 40 anos pola irresponsabilidade do Estado español"

O grupo político, Ourense en Común, inicia unha campaña de recollida de medicamentos para a axuda humanitaria ós refuxiados saharauis, aproveitando a viaxe do concelleiro Miguel Doval entre o 17 e o 21 de abril.

"Queremos achegar a solidaridade co pobo saharaui, visibilizar as necesidades deste pobo abandonado na diáspora hai máis de 40 anos pola irresponsabilidade do Estado español e convidar á reflexión sobre o drama humano de todos os refuxiados", dice nun comunicado o grupo político.

Dende o grupo defenden e piden a donación de "medicamentos sen caducar de uso común, comoanalxésicos, antisépticos, material para primeiras curas, e en xeral, fármacos que se poden mercar sen receita médica".

O concelleiro Miguel Doval aclara que "o material que se recolla será entregado a persoal e centros sanitarios dos campos".   

Cómo axudar?

Tres farmacias da cidade están implicadas coa camapaña ata o mércores 12 de abril funcionarán como puntos de recollida nos barrios da Ponte, O Couto e Mariñamansa (ubicadas en Vicente Risco, 3, Ervedelo, 82 e Avenida de Zamora, 6). Ademais, os martes 4 e 11 de abril o Espazo en Común nas Burgas funcionará tamén como punto de recollida entre as 17h e as 20h da tarde.

Te puede interesar