Ourense

Ourense enteiro sabe a magosto

Ourense

magostos 2018

Ourense enteiro sabe a magosto

Magostos en Celanova, Carballiño, Beade e Allariz.
photo_cameraMagostos en Celanova, Carballiño, Beade e Allariz.

Ainda que a cidade celebrou xa o seu festivo de San Martiño e son moitos os lugares nos que festexaron o magosto a fin de semana pasada, outros tantos recunchos da provincia xuntaron ós seus veciños preto dun bo prato de castañas. 

O magosto é unha das tradicións máis ancestrais desta provincia e a súa celebración non queda nun único día. O San Martiño, día grande da cidade, reuniu a centos de persoas, tamén nas comarcas, pero son moitos os que prolongan esta celebración algúns días máis. Esta fin de semana foi o turno de numerosas vilas da comarca, por exemplo, do Ribeiro, no que en zonas como Arnoia, Beade ou Melón xuntaron a centos de persoas para degustar castañas. Tamén no Carballiño, da man da Asociación de Veciños "Camiño".

Vilardevós reuniu ós seus veciños na Praza do Cruceiro, contando co grupo Sabrosito para amenizar a cea; en Baltar, foi o pavillón municipal o epicentro da festa, con gaiteiros e premio para a castaña máis grande e orixinal. Dentro da concentración de autocaraváns de Allariz tamén houbo oco para un bo prato de castañas, con viño ou licor. Outras zonas que tamén se uniron á festa foron a asociación de amas de casa de Celanova, o concello de Verea e a Anpa do colexio da Merca. Hoxe será o turno do Teleclub de Vilanova dos Infantes.