EL TIEMPO

Ourense es "Invernalia": Calvos de Randín registra una temperatura de -9,6 ºC

En Verín (Ourense) o termómetro baixou até os -9,1º C ás 09,30 horas, segundo datos de Meteogalicia.

Calvos de Randín (Ourense) volveu a rexistrar a temperatura mínima noutra fría xornada na Comunidade galega na que até cinco puntos baixaron dos menos 8 graos centígrados.

Así, como xa sucedeu o pasado xoves, Calvos de Randín marcou a mínima cos -9,6 ºC rexistrados ás 08,50 horas deste sábado. En Verín (Ourense) o termómetro baixou até os -9,1º C ás 09,30 horas, segundo datos de Meteogalicia.

Así mesmo, outro tres lugares das provincias de Lugo e Ourense alcanzaron temperaturas por baixo dos menos 8 graos centígrados á primeira hora da mañá deste sábado 5 de xaneiro.

É o caso de Xinzo de Limia (Ourense), onde se alcanzaron os -8,6 ºC, Lanzós --Vilalba (Lugo)-- con -8,5 ºC e Morelle --Sarria (Lugo)-- con -8 ºC.

Te puede interesar