DEMOGRAFÍA/ BALANCE DO 2015

Ourense, a provincia galega que máis poboación perde en proporción

Perdeu un 1,2% no 2015, retrocedendo ata os 318.391 habitantes (-3.902). Os datos son negativos para toda a comunidade, que descende en 16.348 residentes

A poboación empadroada en Galicia a data do 1 de xaneiro de 2015 situouse en 2.732.347 habitantes, despois de perder 16.348 residentes ao longo de 2014, segundo os datos definitivos do padrón continuo que publica este mércores o Instituto Nacional de Estatística (INE).

De acordo con estas cifras, publicadas polo INE e recollidas por Europa Press, a Comunidade galega pasou de ter 2.748.695 habitantes a 1 de xaneiro de 2014 a 2.732.347 na mesma data de 2015, o que supón un descenso do 0,59%.

Con todo, este ritmo de descenso é lixeiramente inferior ao producido entre o 1 de xaneiro de 2013 e 2014, posto que neses 12 meses se perderon 17.245 habitantes en Galicia, case 900 máis que os perdidos entre o 1 de xaneiro de 2014 e 2015.

Así mesmo, hai 2.641.706 españois e 90.641 estranxeiros empadroados na Comunidade a 1 de xaneiro de 2015. A perda en 2014 de 16.348 habitantes repártese cun descenso de 8.744 españois e de 7.604 estranxeiros.

Por sexos, a 1 de xaneiro de 2015 hai en Galicia 1.317.054 homes e 1.415.293 mulleres. Respecto aos tramos de idade, na Comunidade hai 655.907 persoas maiores de 65 anos, o que supón o 24% da poboación. Non obstante, os menores de 18 anos son 387.971, o 14,2%. O resto da poboación galega sitúase entre os 18 e os 64 anos.

OURENSE, A PROVINCIA QUE MÁIS POBOACIÓN PERDE EN PROPORCIÓN

De tal forma, todas a provincias galegas perderon habitantes ao longo de 2014, con A Coruña á cabeza do descenso en cifras totais, cunha caída de 5.539 persoas, ao pasar de 1.132.735 habitantes a 1.127.196 (-0,5%), aínda que segue como a máis habitada.

Tras ela, como a segunda máis poboada segue Pontevedra, a pesar de perder entre o 1 de xaneiro de 2014 e o de 2015 un total de 3.545 persoas (-0,37%), e quedar en 947.374 habitantes.

En Lugo, terceira provincia máis poboada, prodúcese un descenso de 3.362 habitantes durante o ano 2014, posto que baixa dende un total de 342.748 a 339.386 (-1%).

Pola súa banda, en Ourense, a provincia con menos poboación de Galicia, prodúcese o maior retroceso porcentual, cunha baixada do 1,2%, ao perder 3.902 habitantes dos 322.293 que había a 1 de xaneiro de 2014 ata quedar en 318.391 a 1 de xaneiro de 2015.

AS SETE CIDADES GALEGAS PERDEN POBOACIÓN

Así mesmo, as sete cidades galegas perderon poboación en 2014, con A Coruña coa maior baixada en cifras totais (940 menos), pero con Ferrol como o maior descenso porcentual (-1,3%).

Vigo continúa como a cidade máis poboada de Galicia cos datos definitivos a 1 de xaneiro de 2015, con 294.098 habitantes (son 899 menos que os 294.997 dun ano antes). Tras ela, A Coruña, con 243.870 (descenso de 940 fronte aos 244.810 de 12 meses antes).

En terceiro lugar, Ourense queda en 106.231 persoas, tras perder 674, en comparación coas 106.905 que había a 1 de xaneiro de 2014. En cuarta posición atópanse os 98.134 cidadáns empadroados en Lugo, que son 426 menos que os 98.560 do ano anterior.

Pola súa banda, Santiago, quinta cidade máis poboada, ten o menor descenso total de habitantes ao longo de 2014, cunha caída de 188, dende 95.800 a 95.612. Pontevedra, en sexto lugar, perde 407, dende 82.946 a 82.539.

Finalmente, Ferrol pecha a lista das sete cidades, que a 1 de xaneiro de 2015 baixa da barreira dos 70.000 habitantes e queda en 69.452, o que supón 937 menos que os 70.389 dun ano antes.

DATOS ESPAÑA

O Instituto Nacional de Estatística (INE) corrixiu á alza a poboación empadroada en España en 2014 ata as 46.624.382 persoas, 23.433 máis que as contabilizadas no avance do Padrón Continuo publicado o pasado 21 de abril de 2015.

Así, os datos definitivos desta estatística, dados a coñecer este mércores 20 de xaneiro, que recolle Europa Press, confirman o descenso dun 3,1 por cento dos residentes en España a 1 de xaneiro de 2015, pero en menor número: 146.959 persoas menos en lugar das 170.392 cuantificadas hai nove meses.

Por nacionalidade, 41.894.738 son españois e 4.729.644 estranxeiros, o que representa o 10,1% dos inscritos. Os primeiros aumentaron un 0,3 por cento respecto a 2013, é dicir,

Respecto a estes últimos, os datos definitivos sinalan que en 2014 caeron en 293.843 respecto ao ano anterior, 10.700 persoas menos que as indicadas no avance de abril.

Trátase do cuarto ano que se reduce o número de foráneos dende 2011, cando caeron en 15.229 persoas. En 2012 reduciuse o seu número en 190.020; en 2013, en 545.980; e finalmente, en 2014, en 293.483, case a metade respecto a 2013.

Te puede interesar