Partidas

Ourense recibirá máis de 700.000 euros para a promoción da igualdade

270618 RP axudas Igualdade
photo_camera Marisol Díaz e Susana López.

O presuposto estará destinado a tres liñas de actuación: prevención e tratamento integral da violencia de xénero, fomento da conciliación e apoio aos Centros de Información ás Mulleres.

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e a delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, anunciaron esta mañá unha partida de 721.000 euros para a provincia de Ourense, para a posta en marcha de accións da promoción de igualdade real entre mulleres e homes: prevención e tratamento integral da violencia de xénero, fomento da conciliación e apoio aos Centros de Información ás Mulleres.

En total serán 59 concellos os beneficiarios destas achegas. Os 14 Centros de Información ás Mulleres que hai na provincia (Avión, O Barco, O Carballiño, Xinzo de Limia, Maceda, Muíños, Ourense, Pobra de Trives, Verín Viana do Bolo, Mancomunidade Terra de Celanova, Mancomunidade do Ribeiro, Mancomunidade Conso-Frieiras e Macomunidade de Santa Águeda) recibirán un total de 555.252, a liña de acción con maior dotación.

Te puede interesar