Arte

Pablo Otero volve a sacar os seus xices

photo_camera O artista Pablo Otero pintando a fachada do Banco de España, pasado maio.

Despois de encher de cores a fachada do Banco de España, pintará a do Museo Municipal como preludio da inauguración da segunda parte da súa obra "Colpo di Fulmine"

Aqueles que non puideran ver a fachada do Centro Cultural José Ángel Valente ou a do Banco de España cuberta pola exposición artística de Pablo Otero, teñen a oportunidade de facelo agora.

O artista pintará con xiz escolar (un material que non dana a estrutura do edificio) a fachada do Museo Municipal, entre as 9,00 e as 20,00 horas do vindeiro xoves, como preludio da inauguración da segunda parte da súa exposición "Colpo di Fulmine", que terá lugar ese mesmo día a partir das 20,00 horas.

Te puede interesar