Unha palentina resultou a gañadora do concurso de relatos de Parada de Sil

O acto de entrega de premios tivo lugar no Salón de Plenos de Parada de Sil.
photo_camera O acto de entrega de premios tivo lugar no Salón de Plenos de Parada de Sil.
O certame batiu récord de participación con 1.044 propostas presentadas

 Encarna Ruiz Rodríguez alzouse co primeiro premio do Concurso de microrrelatos Ribeira Sacra-Parada de Sil, unha oitava edición na que se batiu o récord de participación con 1.044 propostas de escritores de todo o país, pero tamén do resto de Europa e América. 

A gañadora do concurso, de orixe palentina, obtivo 1.000 euros como recompensa ao seu traballo "Unha vida de película". O segundo premio, dotado con 500 euros, foi parar as mans da profesora viguesa Nones Araújo Fernández, por "A preñez desiguala" -escrito en galego-. O terceiro, con 300 euros de recompensa, foi para o coruñés Siddharta Álvarez Sánchez, que presentou o texto "Café solo".
O acto, que tivo lugar no salón de sesións do Concello, desenvolveuse adaptado ás normas restrictivas derivadas da etapa postcovid e cun aforo reducido do recinto. Estivo presidido polo alcalde, Aquilino Domínguez, e contou ca presencia do concelleiro de Cultura, Francisco Magide e o presidente do xurado calificador, Antonio Carreño. Delfín Caseiro e Arturo Fernández completaron a mesa de deliberación. 


O alcalde, Aquilino Domínguez, resaltou na sua intervención durante o acto a importancia da alta participación rexistrada, "polo que ten de estímulo a nobre arte da escritura para a xente do mundo literario, así como para os novos valores da narración". Tamén calificou este certame -e a narrativa, en xeral- como "un dos vehículos para espallar os valores da zona da Ribeira Sacra e o seu significado e, nomeadamente, os de Parada de Sil".

Te puede interesar