PROVINCIA

Parada de Sil estrea cinco apartamentos turísticos

20190617200911502_result
photo_camera A festa de inauguración dos inmobles.

O novo alcalde, Aquilino Domínguez, saudou a iniciativa e celebrou a creación dun posto de traballo

O municipio de Parada de Sil continúa incrementando o seu número de emprendedores, neste caso, os que apostan por poñer en valor o concello e atraer moitos visitantes. 

Nesta ocasión, o Leader e o Grupo de Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea promoveron a construcción de novos apartamentos nun edificio realizado durante o século pasado. Un xoven arquitecto da localidade, Bieito Coello, rehabilitou o espazo e acondicionou cinco apartamentos con espazos moi amplos, tanto no tocante ás habitacións, como ás cociñas e comedores de cada habitáculo. Este profesional da arquitectura conta, ademais, cun estudo en Parada de Sil e tamén na propia cidade de Ourense. 

Cada vivenda, bautizada cos nomes de árbores prantadas nunha enorme finca ubicada na parte traseira, está equipada cos electrodomésticos necesarios. O espazo exterior está pensado para o descanso das familias e nenos e, para que estes últimos poidan disfrutar sen ningún tipo de risco. Tamén se está a habilitar, neste punto, un lugar para celebrar barbacoas. Os inmobles, nos que hai unha ocupación para un total de 26 persoas, foron inaugurados nos últimos días. 

Dende o Concello de Parada de Sil, o seu novo alcalde, Aquilino Domínguez, saudou a iniciativa e agradeceu o esforzo inversor do xoven emprendedor. O rexedor tamén se congratulou de que, con esta iniciativa, se crease un novo posto de traballo no concello e rematou desexándolle "toda clase de éxitos".

Te puede interesar