INFRAESTRUTURAS

Parada de Sil investiu 43.000 euros para o remate das beirarrúas

O proxecto incluiu a eliminación dun galpón na estrada OU 0605, que dificultaba a visibilidade na zona

O Concello de Parada de Sil está a rematar nestas datas as obras realizadas no termino municipal mediante un convenio suscrito coa Deputación. Esta intervención permitiu rematar o tramo de acerca que faltaba na estrada OU 0605 ao seu paso pola capitalidade do Concello. O presupuesto destas obras ascende a un total de 43.000 euros.

A maiores, esta intervención permitiu eliminar da devandita estrada un galpón que dificultaba a visibilidade naquela zona e supuña un perigo, especialmente elevado nos meses de verán, nos que a afluencia de visitantes a Parada de Sil ten un notable incremento. Unha nova fase, o Concello procederá a levantar o galpón dentro da finca do seu dono, que cedeu gratuitamente os terreos para a construcción das beirarrúas e ó que a alcaldesa de Parada de Sil, Yolanda Jácome, amosou o seu recoñecemento público.

Á hora de afrontar estas obras deuse prioridade á construcción das beirarrúas, para evitar que durante o actual mes de agosto, no que se rexistra unha importante afluencia turística, houbese maquinaria e obras nas rúas da vila. Agora procederase á construcción do galpón, traballos que non afectan aos visitantes, xa que se desenvolven no interior da finca.

Te puede interesar