obradoiro

Parada de Sil recupera vellos obxectos caseiros

obradoiro
photo_camera As participantes no obradoiro, con algún dos obxectos recuperados.
Trátase dunha iniciativa que buscaba darlle unha segunda vida a obxectos inservibles ou vellos

A Asociación de Mulleres Rurais Santa Cristina de Parada de Sil ven de rematar un obradoiro intensivo de dous meses con dous días á semana de actividade "e co resultado do mesmo fixeron unha magnífica exposición para toda a veciñanza na praza do Curtiñeiro", segundo explicou Francisco Magide, concelleiro de Cultura e Turismo. O obxectivo do obradoiro era darlle una segunda vida a obxectos que de antemán eran inservibles ou vellos tales como garrafóns, caixas de froita ou máquinas de sulfatar de cobre. Lembra Magide que "as sulfatadora convertéronse en magníficos reloxos , as caixas de froita nunhas utilísimas maletas e os garrafóns en obxectos decorativos, entre outras moitas cousas".

O alcalde, Aquilino Domínguez,  loubou a realización de actividades como esta "que poñen en valor unha parte do patrimonio xa que de non facelo, perderíase". A asociación manifestou o interese de levar a cabo unha segunda edición do obradoiro e solicitou do rexidor a colaboración do concello, que prometeu "estudala con cariño e resolver en poucos días". 

Te puede interesar