provincia

Parada de Sil, a terceira capital rural de España

Os asistentes ao acto de Santillana, durante a súa visita a Altamira.
photo_camera Os asistentes ao acto de Santillana, durante a súa visita a Altamira.
O Concello aportou un vídeo da Ribeira Sacra e ofreceu unha degustación

A localidade de Parada de Sil conqueriu a placa de bronce que a acredita como terceira "Capital Rural de España" no certame celebrado na vila cántabra de Santillana del Mar, que acadou o primeiro posto, mentres a asturiana Cangas de Narcea facíase co segundo. O acto de entrega dos galardóns tivo lugar na Praza Maior de Santillana, coa presenza do alcalde de Parada, Aquilino Domínguez Díaz, que recolleu o devandito premio,  e que logo degustou, xunto co resto de representantes municipais, un xantar de cocido montañés e nunha cata de produtos da rexión de Cantabria.

O rexedor ourensán tamén participou no programa de xornadas previas con diversas actividades, nas que cabe salientar a presentación das conclusións dun "Think Thank" (debate) sobre o turismo rural, que se desenvolveu no Museo das Covas de Altamira, que foi visitado polos alcaldes e representantes dos municipios concursantes neste certamen a nivel nacional. Os asistentes poideron ver e disfrutar de primeira man das pinturas da considerada "capela sixtina" do arte rupestre.


Vídeo


O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, presentou a súa candidatura cunha proxección dun vídeo no que amosou as belezas da Ribeira Sacra dende a óptica do seu Concello, causando sensación entre os participantes no evento e o público asistente. Asemade, o rexedor ofreceu a tódolos presentes unha degustación de produtos de Parada, como a tradicional Bica de Castaña; o viño mencía da "vitivinicultura heroica" da Ribeira Sacra, licor café e augardente de herbas autóctonos.

Te puede interesar