Samaín

O parque da Solaina acolle o día grande do Samaín de Barbadás

A partir das seis da tarde, haberá música, espectáculos, malabares, pinturas faciais, fluorescentes e todo tipo de actividades para os nenos

O Concello de Barbadás celebra este xoves ao grande o Samaín, nunha festa na que os máis pequenos poderán desfrutar a rachar no día máis terrorífico do ano. O espazo infantil do parque da Solaina será o punto neurálxico das celebracións, que xa se veñen celebrando durante toda a semana. 

A partir das seis da tarde, haberá música, espectáculo de lume, malabares, pinturas faciais, fluorescentes, pulseiras luminosas, e todo tipo de actividades para que os nenos poidan celebrar o Samaín. Tamén haberá, xa desde as cinco da tarde, un photocall e taller de maquillaxe para que se poidan meter no papel. Adeamais, de 18,20 a 20 horas haberá unha discoteca terrorífica para os nenos de ata 10 anos de idade, e de 20,00 a 21,30 horas, para os de 11 anos en diante. As actividades están organizadas pola Concellería de Educación. 

Te puede interesar