Ourense

O Parque Tecnolóxico reunirá a 300 firmas de biotecnoloxía

Ourense

INNOVACIÓN

O Parque Tecnolóxico reunirá a 300 firmas de biotecnoloxía

Luisa Pena, Manuel Antonio Varela e Carme Pampín, na presentación do congreso Agrobiotech.
photo_cameraLuisa Pena, Manuel Antonio Varela e Carme Pampín, na presentación do congreso Agrobiotech.

O congreso Agrobiotech Innovación acolle a 45 expertos en biomasa e agroalimentación.

O Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole, ubicado en San Cibrao das Viñas, acollerá os vindeiros 26 e 27 deste mes o congreso Agrobiotech Innovación, un encontro que reunirá a máis de 300 empresas agroalimentarias, biotecnolóxicas e da biomasa procedentes de España, Francia e Portugal. O obxectivo desta iniciativa é favorecer o intercambio de experiencias entre as pemes para o "establecemento de novas relacións empresariais", explicou Manuel Antonio Varela, director da Axencia Galega de Innovación. 

Participarán un total de 45 relatores internacionais e nacionais que ofrecerán 15 ponencias sobre temas como a agricultura sostible, os combustibles ecorresponsables ou novas fórmulas para mellorar a vida útil dos productos lácteos, entre outros. "En menos de 48 horas, teremos reunidos a representantes de máximo nivel dos tres sectores estratéxicos para a nosa comunidade", dixo Carme Pampín, presidenta do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga).

Entre os ponentes estarán representantes de empresas como Bayer e de entidades de investigación como a Universidade de Vigo. Pampín destacou que o sector da biotecnoloxía supón para as empresas galegas unha facturación anual de 250 millóns de euros e da emprego a 3.000 persoas polo que é un "orgullo mostrar que o sector biogalego está preparado para competir a nivel internacional", explicou. 

Ademais das conferencias, habilitarase un espazo de networking co obxectivo de favorecer contactos profesionais. Asimesmo, estase a programar unha axenda de reunións "one to one" para que os emprendedores teñan a oportunidade de presentar, en 15 minutos, os seus proxectos a potenciais investigadores. "Para elo, temos unha plataforma aberta e os interesados poderán solicitar unha reunión con outras empresas participantes", explicou Luisa Pena, directora financiera de Tecnópole.

Tamén se porá en marcha unha área de exposición no que 34 empresas poderá expoñer os seus productos e servizos innovadores. Xa como actividade complementaria, realizaranse visitas guiadas a centros tecnolóxicos e a empresas como Finsa e celebrarase unha cea networking na bodega de Viña Costeira, en Ribadavia, con previa inscripción. n 
 

Comentarios