Igrexas e capelas ourensás

Parroquia da Milagrosa, Cruz Alta

  • Coordenadas: 42º20´23.5”N - 7º51´25.8” W
  • Situación: Rúa Nuño de Ousende, nº 14.
  • Datos: Igrexa moderna do século XX. Construción datada entre os anos 1971-1973.
  • Elementos destacados: Consta dunha só nave con presbiterio liso. Tribuna e falso teito. Órgano da casa Hammond.
  • Dependencias auxiliares: Cripta utilizada como salón de reunión e catequese. Residencia dos padres Paúles e cruceiro moderno, do año 2001.
  • Estado de conservación: Bo.
  • Servizo: Parroquia culto cristián.
  • Información: Párroco Santiago Giráldez Fernández, da Congregación de San Vicente de Paúl.
  • Titularidade: Congregación dos Padres Paules.

A chegada da Congregación Relixiosa de San Vicente de Paúl tivo o seu asento na capital das Burgas no decurso do ano 1902, de xeito concreto nun piso situado na céntrica rúa Cardeal Quiroga, número 23, trasladándose posteriormente ao 28 da mesma rúa. No ano 1922, o superior da Congregación dos Paules, da Misión de San Vicente de Paúl -xa establecidos de xeito fixo na capital-, co obxectivo de poder contar cunha igrexa propia para a celebración dos actos litúrxicos, solicitou do cabildo da Catedral de Ourense a cesión da pouco utilizada igrexa de Santa María Nai, petición que foi aceptada o día 17 de marzo do mesmo ano. No 1967, o sacerdote Domingo García solicitou do bispo Angel Temiño Saiz a creación dunha nova parroquia baixo a advocación da Milagrosa, templo que se situaría no barrio da Cruz Alta, sendo aprobada segundo consta no Decreto Ordinario, publicado no Boletín Eclesiástico da sé ourensán, o día 1 de maio do 1971.

O lugar elixido para o asentamento do novo templo, ademais dos edificios auxiliares, foi un viñedo, propiedade da Congregación dos Imáns Paúles, coñecido como Fonte do Monte, iniciándose axiña a construción do referido templo o día 1 de febreiro do ano 1971, dando remate ao mesmo o 24 de marzo do 1973.

O curioso e novo templo parroquial, construído en forma xeométrica pentagonal, é de corte totalmente moderno así como moi luminoso. Accedéndose a traveso dunha grande escalinata cara á fachada-soportal ademais dos laterais compostos por unha mestura de muros en pedra escalonada formada por paredes lisas reforzadas por discretos contrafortes. Na cuberta destaca a alta, acristalada e colorada cúpula hexagonal piramidal formada por seis caras que proporcionan luz natural ao interior do templo. tendo o seu remate exterior mediante unha alta cruz metálica. O interior do recinto relixioso posúe unha única nave situándose na cabeceira ou presbiterio a capela maior, de enorme simplicidade. Tralo altar de pedra, en forma de trapecio invertido, sitúase unha talla de Cristo Crucificado acompañado a ambos laterais das imaxes de san Vicente de Paúl e a Inmaculada Concepción. Con respecto á nave é de destacar a enorme luminosidade proporcionada pola cúpula metálica, á que se suma a presencia dos oito alargados ventanais laterais, de grande tamaño, divididos en grupos de dous mediante unha viga.

Chama igualmente a atención do visitante a case carencia de ornatos nos muros interiores, só existindo dúas tallas: unha da imaxe pétrea pertencente á Virxe Milagrosa, realizada en mármore branco de Alicante, obra del escultor Nicanor Carballo, doada polo bispo Temiño Saiz, e doutra a figura de san José. Por outra banda, situados a entrada do templo, existen dous cadros; o da esquerda mostra o martirio de san Francisco de Régis Clet, namentres co da dereita representa o suplicio de san Juan Gabriel Perboyre. A tribuna, de planta trapezoidal, protexe o seu fronte mediante unha varanda de madeira, destacando particularmente na parte alta o falso teito.

Preto do templo atópase a residencia dos Irmáns Paúles así como, dentro dun pequeno parterre, conta ca presenza dun interesante e piadoso cruceiro, obra do mestre escultor Nicanor Carballo. O mesmo presenta a particularidade -ademais de mostrar as típicas imaxes nesta clase de piadosas obras: un Cristo crucificado maila Piedade-, talladas na columna, sendas tallas da Milagrosa e de san Vicente de Paúl.

Te puede interesar