Igrexas e capelas ourensás

Parroquia de San Benito, Cabeza de Vaca

Parroquia de San Benito, 
Cabeza de Vaca
photo_camera Parroquia de San Benito, Cabeza de Vaca

Preto da cidade de Ourense, a dous quilómetros aproximadamente seguindo o trazado da estrada provincial OU- 0519 atópase o coñecido, popular e pintoresco pobo rural de Cabeza de Vaca presidido pola súa moderna igrexa de San Benito, Bieito Abad, avogado contra o mal das verrugas. De forte sabor agrario o pobo coñecido pola proximidade ao visitado lugar de Cova de Lobo presume de posuír fermosas vistas sobre a capital das Burgas maila súa contorna.

Pertencente eclesiasticamente, no seu día, á parroquia de Santa Eufemia do Centro o culto relixioso realizábase na vella e cativa capela construída no ano 1949, mediante a axuda económica dos emigrantes, resultando axiña, polo aumento de poboación, insuficiente para acoller aos fieis que, no censo do ano 2000, contaba cunha poboación de 2.500 habitantes polo que cumpriu a ergueita dunha nova igrexa parroquial. O novo templo iniciou a súa dificultosa andaina construtiva no mes de novembro do ano 1999 mercé ás activas xestións do anterior párroco, don Aquilino Rodríguez, contando ca inestimable axuda do bispado mailos donativos da propia veciñanza, acadando o seu remate tres anos despois. O espazoso e incompleto templo actualmente consta dunha soa nave cuberta con cadrados casetóns artesoados en madeira. Xa no seu interior, trala misa dominical, os nosos pasos dirixíronse cara o curvo presbiterio, desprovisto de decoración mural e retablo, presidido por unha piadosa talla dun Cristo Crucificado acompañado no espazo da Epístola e do Evanxeo por dúas pequenas imaxes, de talla industrial, de san Bieito, o patrón da parroquia, maila Inmaculada.

O moderno e sinxelo edificio, iso si, respectando a tradición construtiva nesta clase de edificacións segundo o desexo do anterior párroco, o construíu a empresa Carrasco en en cadeira de perpiaño duro, distínguese dende lonxe pola súa atrevida e un tanto orixinal estreita alta torre campanario, situada nun lateral da fachada, superando o resto da igrexa as dificultades arquitectónicas debidas á inclinación do propio terreo do seu asento, afortunadamente logrando o seu obxectivo mediante un atrevido deseño, obra do coñecido arquitecto ourensán, Luís Pérez de Juan Romero 1,

Ocupa a nave principal un total de 434 m2, aparte da gran tribuna. Accédese ao seu interior mediante un amplo nártrex decorado na parte superior cunha sinxela pintura mural de clara referencia ao titular da parroquia, o eremita san Benito; nun lateral do recinto de entrada atópase a capela de inverno consistente nu pequeno oratorio baixo a advocación de santa Rita. O luminoso templo acada esta importante característica grazas aos numerosos e claras fiestras rectangulares O amplo templo permite acoller folgadamente a 375 persoas no seu interior sen esquecer a espazosa e ampla tribuna cunha capacidade para 128 persoas na que, curiosamente, se expón, de forma permanente, un bonito e completo belén coidado amorosamente polo veciños da parroquia

A estrutura do templo, basicamente obrigada polo terreo inclinado do seu asento cara o norte, permitiu a ergueita de tres plantas dedicadas ao desenrolo de diversas actividades parroquiais; así a principal, permite a celebración dos oficios relixiosos contando con sancristía. Baixo a capela de inverno, atopándose o despacho mailo arquivo parroquial, cunha superficie de 188 m2. No soto e seme soto sitúanse a vivenda do párroco, con 75 m2. útiles. No nivel intermedio encóntrase o salón parroquial cunha capacidade para 176 persoas.

Te puede interesar