CIDADE

Patricia Ordóñez gaña con "Elas" o concurso "Engalana a túa árbore"

OURENSE (RÚA DO PASEO). 26/06/2018. OURENSE. El concelleiro de medio ambiente, José Araújo junto con representantes de la asociación Sustinea, hacen entrega del premio por la decoración de los árboles de la Rúa do Paseo a Patricia Ordóñez Rey. FOTO: ÓSCAR PINAL.
photo_camera José Araújo xunto con representantes de Sustinea, entregan o premio a Patricia Ordóñez.

O obxectivo da iniciativa era o de visualizar a necesidade dos espazos verdes no ámbito urbano, así como o de conservalos e dotalos de importancia

Patricia Ordóñez acaba de recibir o premio do concurso "Engalana a túa árbore: visualicemos os espazos verdes" coa súa creación "Elas". A obra pretende expresar "a forza e soños das mulleres, ancestrais e actuais, como elas poden coidar o planeta transmitindo todo o amor que senten por el e todo o bó facer para que evolucione libre e feliz". 

"Elas" gañou fronte a outros 14 participantes que adornaron ás árbores do primeiro tramo da rúa do Paseo o pasado 4 de xuño. O concurso, organizado co gallo da Semana do Medio Ambiente polo Concello de Ourense, foi executado pola entidade de Desenvolvemento Sostible Sustinea. 

O concelleiro de Medio Ambiente, José Araújo, foi o encargado de darlle o galardón durante a mañá deste martes, que Ordóñez escolleu canxear por unha actividade educativa e lúdica nun centro escolar. 

Te puede interesar