Patronaxe e ilustración centran o inicio de Debut 2020

O máster en Deseño e dirección creativa en Moda celebra unha nova edición de Debut, unha semana de actividades que buscan tanto ampliar a formación do alumnado como conectar aos novos titulados co mundo profesional. Con ese dobre obxectivo, o programa de Debut 2020 arrincou co inicio dun taller sobre moulage, unha técnica de patronaxe que leva a traballar directamente sobre o corpo ou o manequín, e coa primeira sesión dun seminario sobre ilustración de moda. O deseñador e docente José Carlos Herrera e a doutora en Belas Artes, ilustradora e ex-profesora de Esdemga Marta Riera foron os encargados de impartir estas primeiras formacións.

Xunto a estes dous talleres, o programa de Debut 2020 abrangue tamén a celebración do seminario online Introdución á base de datos de tendencias WGNS, impartido por Yvone Soteras, xunto cun taller, tamén virtual, sobre retoque fotográfico de moda, que o xoves correrá a cargo de Mariana Maglio. Nesa mesma xornada, abrirase no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, a exposición Debut 2020. Edición limitada, que reúne unha selección dos proxectos realizados por alumnado de primeiro curso do mestrado en Deseño e Dirección Creativa en Moda. A tradicional presentación das coleccións dos titulados farase a través dun vídeo.

Te puede interesar