Mobilidade

“Penso conducir ata os 120 anos"

VERÍN (FECES DE ABAIXO). 18/04/2019. OURENSE. Gasolinera de Feces de Abaixo con decenas de coches, la mayoría de origen portugés, repostando combustible. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera Un conductor reposta gasolina en Feces de Abaixo, Verín. (FOTO: ÓSCAR PINAL)
As persoas maiores do rural atópanse coas dificultades do transporte dende os pobos. Unha simple visita ao centro de saúde pode supor un gran gasto cun taxi. Outros seguen co seu vehículo: "Mentres non mo quiten, seguirei con el"

A poboación do rural sufre un elevado envellecemento que se topa co resto de dificultades estruturais, como poden ser a carencia de servizos ou os problemas de transporte. Moitos maiores optan por seguir conducindo o seu coche para manter a súa independencia, outros necesitan de terceiros para poder moverse, xa sexa para ir ao centro de saúde como para desprazarse á cidade.

A Antonio Sotelo, aos seus 80 anos –recén cumpridos hoxe– non hai quen o baixe do coche. Pero esto é máis unha cuestión de necesidade, xa que vive nun dos pobos que forman parte do concello de Paderne de Allariz. “Dame unha independencia que, cando non o poda facer, xa necesitarei de outros”, comenta Sotelo. Esto sucédelle nestes días, xa que ten un pé ferido e non pode conducir, polo que a súa parella encárgase de levalo onde sexa. “Téñoa a ela, pero senon estivese tería que vir como fose”, conta.

2020030107453886000

Sobre esto ten recordos dunha vez que él foi o que conduciu ata Ourense para levar ó médico a un veciño: “Estaba eu mal dunha perna, pero non quedou outra e o home tivo que baixar unhas catro veces”, rememora. Iste vehículo particular é o máis práctico que pode atopar para os que vivan no rural: “Mentres me deixen, seguirei co coche, nunca tiven un accidente e conduzo dende que tiña 20 anos”, sinala. Outras posibilidades non lle axudan a ser independente. “O autobús de Maceda baixa por aquí por Paderne, pero eu vivo en Penelas e quédanos lonxe vir”, explica Sotelo. Para calqueira xestión dentro do propio concello, incluso para ir ao centro de saúde, necesita dun vehículo.

Conducción con cen anos

Nun pobo de Taboadela reside Manuel Touza, un veciño de 100 anos que non deixa o seu coche, tamén antigo. "Penso conducir ata os 120", bromea. A día de hoxe emprégao para todo, pero senon puidese ten a solución: "Viría a pé, son de cerca e xa o teño feito moitas veces", comenta. Touza está a espera de que lle digan "non pode conducir". Mentres llo permitan, non vai deixar de facelo, tamén ata que o seu vehículo aguante. Os autobuses non son solución para el: "Antes pasaba un os mércores, pero agora xa non ven ningún", explica. Aproveita para recordar outros tempos nos que tocou baixar a Ourense "en bicicleta" e non lle quedaba outra.

O taxi, un gasto elevado

María del Carmen Pérez non ten coche nin carné, o que fai que dependa dun taxi para desprazarse a calquela lugar lonxe do seu pobo, no concello de San Cibrao das Viñas. “Eu chamo o taxista para todo, non teño outra forma de ir os sitios”, afima. As viaxes, por exemplo ao centro de saúde, saenlle por 12 euros ida e volta, mentres que ir á cidade, 25. “Esta semana fun o dentista e teño que volver, pero xa non chamarei o taxi, buscarei outra forma porque son 50 euros nunha semana”, explica.

Nas viaxes aproveita, se pode, para facer máis recados e rentar o día: “Vou a perruquería ou fago algo máis, para non ter que ir outra vez”, conta. Outro medio de transporte complícaselle. Os autobuses que lle quedan máis cerca teñen parada a máis dun quilómetro andando do pobo. Ante estas dificultades, na que destaca a de poder acércase ao centro de saúde que a certas idades se visita con asiduidade, unha posibilidade de transporte: “Podían poñer un autocar dúas veces por semana que viña polo pobo para que nos levase ao médico”, suxire.

Escaseza de servizos

Hai uns anos conducía unha moto, ata que decidiu que era momento de aparcala. Julio Pérez é un veciño de San Cibrao das Viñas que hoxe depende dos fillos, ou do taxi, para poder desprazarse. "Non temos autobuses, os taxis son caros, andamos sin transporte e dependemos da filla para que nos leve onde faga falta", conta. Ten dous fillos e ambos viven en Ourense, o que provoca que teñen que desprazarse varios quilómetros para poder recoller a Pérez e á súa muller.  O taxi é unha forma de moverse que non é preferente para él: "Vai un soldo para pagar todas as viaxes nel". A escaseza de servizos faino plantexarse unha cousa: "Entón, abandonamos todo esto? Non pode ser". Facer a compra é outra odisea para os maiores do rural. "Menos mal que ven a froiteira e a pescadeira que nos permite arranxar, senon non teríamos nada de compra ata que no la trouxera a filla de Ourense", afirma.

Concienciación para o futuro

Hoxe, aos seus 70 anos, Manuel Pérez non ten impedimentos para conducir. Pese a elo, imaxina o que será o futuro, cando non o poda facer. "Terei que depender dos amigos ou dun taxi". Pérez vive en Calvelle, un pobo do Pereiro de Aguiar no que nota a falta de transporte. "Antes pasaba un autobús por alí que iba ata a cárcel, pero xa non, a ver si volver poñelo", opina. Agradece os servizos que paran porta a porta: "Senon é eso no pobo xa non tes nada e dependes de todo", afirma.

Te puede interesar