CONCELLO

Pereiro dótase de recursos para impulsar tres novos proxectos

O concello acordou en pleno adquirir definitivamente os terreos nos que se atopa o centro de día dos gozos

O Concello de Pereiro de Aguiar acordou no pleno municipal a adquisición  dos terreos nos que se atopa o centro de día dos Gozos. Unha sentenza atribúe a titularidade dos terreos onde se construíu o centro de día aos comuneiros dos Gozos, polo que deben dar cumprimento á sentenza. 

Logo da valoración dos terreos e o inicio do proceso administrativo  para conseguir a propiedade definitiva, ademais do diálogo coa directiva dos comuneiros alcanzouse un acordo para poñer fin a este litixio e acordouse dotar unha partida orzamentaria para adquirir os terreos definitivamente "e abordar o pleno funcionamento dunha infraestrutura que xa está sendo usada, pero que debe cumprir o papel para o que foi concibida nun contexto de demanda crecente de servizos desta natureza", asegurou o alcalde de Pereiro, Luis Menor. 

No pleno aprobouse a modificación de crédito para a adquisición de este terreos e tamén para impulsar outros proxectos , como a execución das cubertas dos parques infantís das urbanizacións da Tapada de Bouzas e Veiga de Abaixo oy a mellora das infraestucturas turísticas mediante a  sinalización da Ruta dos  Muiños.

Segundo avanzou o rexedor, nos vindeiros días, grazas a unha subvención da  Xunta a través do fondo medioambiental, esta Ruta dos Muíños sumará catro novos  quilómetros, ata ata chegar a Armariz (Nogueira de Ramuín), moi preto de onde ten o seu nacemento o río Loña, xa en plena Ribeira Sacra. 

A SENDA PEONIL AVANZA

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de sacar a información pública a nova senda peonil da OU-101, travesía da Zamorana, que abranguerá desde algo máis abaixo do cruce da Medorra ata o lugar das Campinas (Paderne de Allariz). 

Te puede interesar