INFRAESTRUTURAS

Pereiro urxe o arranxo e mais o traspaso da estrada N-120a

O responsable da Unidad de Carreteras comprometeuse a trasladar estas peticións. 

O alcalde de Pereiro de Aguiar, Luis Menor, mantivo unha xuntanza co responsable da Unidad de Carreteras do Estado en Ourense sobre o arranxo e o posterior traspaso da titularidade da N-120a –tamén coñecida como a vella  C-546–. 

 Esta vella estrada de Monforte, ao seu paso polo municipio de Pereiro, a través de Melias e Vilariño está en mal estado e o seu arranxo foi solicitado de forma unánime polo pleno do Concello. Asemade, tamén se pide o posterior traspaso da súa titularidade, que pasaría a ser municipal. 

Luis Menor pediu que se fixesen os arranxos "o antes posible", xa que a estrada está "en moi malas condicións" e reiterou o compomiso de asumir o traspaso "e o seu ulterior mantemento".

O rexedor incidiu en que no caso de Vilariño, esta é a única estrada de comunicación coa capital; mentres, no caso de Melias a urxencia é sobre todo na travesía da parroquia. En canto á urxencia do traspaso da vía, Menor quere que os veciños "se vexan beneficiados á hora de levar a cabo peches de fincas e construción  nas condicións que marca o noso plan xeral de ordenación urbana e non a Ley de Carreteras estatal", xa que esta última esixe un retranqueo de 25 metros dende a arista da estrada, "o que resulta de todo punto inviable".

O responsable da Unidad de Carreteras comprometeuse a trasladar estas peticións. 

Te puede interesar