ÁREA METROPOLITANA

A Peroxa arranca en maio o servizo de conciliación

<p></p>
photo_camera CEIP Roberto Blanco Torres.

O colexio acollerá actividades de mañás e tardes para axudar ás familias

A partir da semana que vén os pais e nais de A Peroxa poderán deixar aos seus fillos no colexio do municipio antes de ir a traballar, como medida de conciliación laboral e familiar das familias. Ademais, combinarán este programa con outro de conciliación polas tardes, á saída do colexio, para que os pais poidan adecuar os horarios de recollida dos nenos.

Os programas "A Peroxa madruga" e "Enrédate con nós" supoñen o estreo do servizo de conciliación familiar no Concello de A Peroxa, teñen previsto o seu inicio o vindeiro mércores, 2 de maio. Sen embargo, todo está pendente de que se acade a demanda mínimo.


Adaptación


"Queremos dar o noso apoio ao colexio e que os nenos teñan un sitio onde poder quedar. Pese a que hai uns horarios previstos, intentaríamos adaptalos para algúns pais", apunta Manuel Seoane, alcalde do municipio.

Os pais dos alumnos do CEIP Roberto Blanco Torres que o desexen poden xa apuntalos neste programa, xa que o prazo de solicitudes atópas xa aberto. O obxectivo do programa, segundo informan desde o Concello é "poder conciliar dun mellor xeito, ó tempo que os cativos reciben unha atención e unha formación complementaria de calidade".

Os horarios previstos, a expensas da demanda que finalmente teña o programa e que podería variar, son, polas mañás, de 9,00 a 10,15 horas; e polas tardes, de 16,45 a 19,00 horas.


Distintas actividades


Este servizo será desenvolvido pola empresa Máis Escola XXI, adicada á xestión de servizos vinculados ao deporte e á educación e o Concello de A Peroxa.

Haberá actividades de todo tipo para que os cativos poidan pasar un tempo agradable e divertido: xogo libre, merendas, xogos en inglés, actividades manuais, deportes, xogos populares, cinefórums, karaokes ou baile, entre outras actividades.

Te puede interesar