DEMOGRAFÍA

A Peroxa lanza unha campaña para pedir máis empadroados

"Os servizos que se prestan dependen do número de habitantes", resaltan desde o goberno local.

O Concello da Peroxa vén de lanzar unha campaña de concienciación para incentivar que todos os residente se empadroen no municipio, resaltando a importancia deste feito de cara aos ingresos aos que opta o cocnelo por parte doutros organismos. "Os servizos que se prestan dependen do número de habitantes", resaltan desde o goberno local.

A Peroxa ten actualmente 1.823 persoas empadroados. Segundo marca a lei, os concellos de ata 5.000 habitantes deben prestar servizos mínmos como o alumeado público, cemiterio, recollida do lixo, limpeza viaria, abastecemento de auga potable, rede de sumidoiros,acceso aos núcleos ou pavimentación.

A Peroxa comezou a repartir un cartel no que se destaca tamén que moitas das actividades ofrecidas polo Concello contan con descontos especiais para quen están empadroados.

Para poderse empadroar, os interesados teñen que pasar polo Concello co DNI e un documento acreditativo do domicilio no que vive. 

Te puede interesar