Ourense

A Peroxa terá 52.000 euros para mellorar o acceso a parcelas

Ourense

Ecoagro

A Peroxa terá 52.000 euros para mellorar o acceso a parcelas

Reunión telemática do alcalde da Peroxa con Medio Rural.
photo_camera Reunión telemática do alcalde da Peroxa con Medio Rural.
Medio rural tamén se comprometeu co alcalde a impulsar a raza rubia galega e avaliar os danos en camiños municipais

A Xunta comprometeuse co Concello da Peroxa a impulsar a raza rubia galega e a mellorar os camiños municipais, especialmente polos danos causados como consecuencia das inclemencias meteorolóxicas dos últimos meses. 

O alcalde, Manuel Seoane, reunise telematicamente co conselleiro de Medio Rural, José González, así como con outros técnicos da consellería, de quen obtivo o compromiso de dar impulso á raza rubia galega, o que beneficiará directamente aos gandeiros deste municipio. A principios de ano publicouse neste senso unha orde de axudas para o fomento das razas autóctonas, que ten un orzamento de 200.000 euros, para aumentar a rendibilidade das explotacións gandeiras e modernizar o sector en materia de xenética, sanidade e produción animal. 

Nesta xuntanza, na que Seoane expuxo o problema dos camiños municipais, tratáronse as posibles melloras. Os representantes de Medio Rural comprometéronse a avaliar os danos causados nas infraestruturas por mor das condicións meteorolóxicas. Medio Rural avanzou que no Plan Marco de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2021-2022, A Peroxa ten outorgada unha contía de algo máis de 52.000 euros, que se suman aos case 41.000 concedidos  na a anterior edición para o arranxo de distintas vías. Isto permitirá acondicionar os camiños que dan acceso ás parcelas agrarias. 

Te puede interesar