verán

A Peroxa terá este verán un campamento urbano

Os participantes deberán ter entre 5 e 13 anos e é totalmente gratuita para os empadroados no municipio

O Concello de A Peroxa organiza nos meses de xullo e agosto un campamento urbano para nenos e rapaces de entre 5 e 13 anos de idades, no que poderán participar de forma totalmente gratuíta os que estean empadroados no municipios. Tamén poderán participar os que non estean censados, neste caso cun custe de 50 euros ao mes. 

O campamento deste ano terá múltiples actividades, como piscina, canón de escuma, inchables, actividades deportivas –fútbol, baloncesto, voleibol, hockey, bádminton, deportes acuáticos, xincanas...–

Haberá tamén rutas de senderismo, windsurf, kayak, pedaletas..., e unha área lúdico-cultural con obradoiros de abalorios e camisetas, pulseiras, debuxo, pintura, cinefórum, maquillaxe, globoflexia....

O Concello de A Peroxa xa abriu o prazo de inscrición neste programa de conciliación de verán, que ten prazas limitadas. Os interesados terán que recoller un sobre no concello e entregar posteriormente a documentación cuberta. 

As actividades, organizadas por MaisEscola 21, desenvolveranse desde o 2 de xullo ata o 31 de agosto, polas mañás, de 10,30 a 13, 30 horas. 

Te puede interesar