Turismo

Unha plataforma “on line” impulsará as rutas do viño

uploaded_ruta_resultado
photo_camera Un grupo de turistas visitando un viñedo da Ruta do Viño do Ribeiro.
Os visitantes poderán reservar os produtos enoturísticos mediante esta ferramenta no 2020

As rutas do viño recibirán un novo impulso a través dunha plataforma on line, que facilitará a reserva de calquera dos productos enoturísticos que ofrecen. A Axencia Turismo de Galicia vén de asinar cos presidentes das cinco rutas do viño galegas -catro delas en Ourense- un convenio de colaboración para o deseño e desenvolvemento da plataforma de comercialización de experiencias enogastronómicas para os territorios que abranguen.

Con esta iniciativa a administración pública dota á oferta enoturística galega dunha ferramenta tecnolóxica que permite aos viaxeiros realizar as reservas on line deste tipo de actividades.

Esta plataforma de comercialización, que se atopará plenamente operativa en 2020, ten como obxectivo principal que os turistas poidan comprar paquetes enoturísticos coa mesma facilidade e rapidez que hoxe en día se pode reservar a través da internet un voo ou un hotel.

Nunha primeira fase a web permitirá que os usuarios teñan ao seu dispor, nun único sitio web, toda a información sobre a oferta enogastronómica dispoñible no territorio da Ruta do Viño, así como os servizos complementarios. Na segunda fase, prevista para 2020, os establecementos asociados ao enoturismo como adegas, restaurantes, aloxamentos, museos, guías, balnearios, transportes e a propia Asociación da Ruta do Viño poderán xestionar directamente e sen intermediarios os produtos que ofertan, informar da súa dispoñibilidade ou crear ofertas especiais. Ademais, se poñerá en marcha unha aplicación para as empresas do sector que permitirá rexistrar as entradas dos seus visitantes cando se acerquen as súas instalacións evitando a falsificación de tíckets.

Segundo Juan Casares, presidente da Ruta do Viño do Ribeiro, a sinatura deste convenio, avalado polos asociados, constitúe unha boa noticia xa que, "en primeiro lugar, esta iniciativa potenciará aínda máis o Ribeiro coma destino enoturístico e axudará a revitalizar unha comarca vitivinícola histórica. Permitirá poñer en valor o territorio, a paisaxe, os recursos arquitectónicos culturais e outros coma o termalismo, utilizando o viño Ribeiro, a gastronomía e a riqueza da nosa historia como fíos condutores". "O Ribeiro é moito máis que viño e isto é o que queremos visibilizar a través de todas as nosas accións", engadiu.

Te puede interesar