Os plenos municipais ata 2021 seguirán no Pazo provincial

A xunta de portavoces do Concello de Ourense, formada por Flora Moure (PP), Rafael R. Villarino (PSdeG), Luís Seara (BNG), José Araújo (C's), e o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, reuniuse esta mañá para fixar as datas dos vindeiros plenos. 

A próxima sesión será o luns 24 de agosto, e non se celebrarán as seguintes xornadas ata o11 de setembro, 2 de outubro, 6 de novembro e 4 de decembro respectivamente, sempre no salón de plenos da Deputación.

Te puede interesar