Pobos de Carballeda de Valdeorras terán nova traída de auga

Unha poboación total de 831 veciños dos pobos de Sobradelo e Pumares, no municipio de Carballeda de Valdeorras, verase beneficiada polas de mellora do abastecemento de auga, que foron aprobadas onte pola Xunta. Concretamente, o proxecto correspondente foi incluido no Programa de Desenvolvemento Rural Sostible cun investimento de perto de 580.000 euros, que serán cofinanciados por Augas de Galicia e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.
A execución dos traballos solucionará os problemas de abastecemento que sofren na actualidade os veciños dos dous núcleos citados de Carballeda, con numerosos cortes na subministración e restriccións no verán debido á escasez de auga e ó estado de deterioro da actual captación existente no río Candeda.

Así, o proxecto contempla un camiño de acceso de 1.746 metros ata á presa fluvial, a limpeza do encoro e a colocación dunha comporta. Asimesmo, prevese a construcción dunha caseta de captación e unha arqueta para o filtrado das augas e decantación de minerais. En canto ás conducións que se van executar, poden distinguirse tres tramos. No primeiro, entre a captación e o depósito de Sobradelo, colocaranse 19,8 metros de tubos de 100 milímetros de diámetro, tres ventosas e dous desaugadoiros de fondo. Ademais, para o bombeo entre os depósitos de Sobradelo e Medua, instalarase unha bomba para 110 metros de altura e 3,5 litros por segundo de capacidade.


PUMARES

A conducción dende a captación será a través de de 3.171 metros de tuberia de polietileno de 140 milímetros de diámetro. No segundo treito, desde A Medua ó depósito, colocaranse 4.180 metros de tubo de 110 milímetros de diámetro, cinco ventosas e 10 desaugadoiros. Finalmente, no terceiro tramo, entre o cemiterio e Pumares, instalaranse 5.280 metros de tubería de 63 milímetros de diámetro, nove ventosas e 10 desaugadoiros de fondo.

Te puede interesar