Poema de Elixio Rivas a "O Xocas"

Ó XOCAS

Labrado na raigaña dun carballo,

querquerno rexo de fraguenta terra;

afiado espírito, dourado,

en longa andaina e sempre arredor dela.

Leal amigo dos amigos

e amigo da nosa xente toda;

alma fidalga, limpa, nobre,

que aínda para mostra queda.

Cos pés no chau, que de follas amarelea,

furgando nas entrañas o seu misterio olla

e cara ó alén, que xa lumbriga, enxerga.

Home, non de terra allea ou recomposta,

senón da anterga, enxebre e milleirenta:

A que circunda ó canastro que o cruceiro alonga.

(Elixio Rivas Quintas, febreiro de 1986)

Te puede interesar