O polígono de Vilamarín mellora os seus accesos

Visita de Conde a Tamallancos.
photo_camera Visita de Conde a Tamallancos.
O Goberno Galego investiu máis de 1,15 millóns de euros no parque empresarial de Tamallancos nos últimos anos

O  vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou onte o polígono de Tamallancos, no concello de Vilamarín para comprobar as obras de mellora realizadas nos últimos anos e que mobilizan 1,15 millóns de euros de axudas da Xunta. As dúas últimas actuacións foron a mellora de xestión de residuos, así como actuacións en materia de seguridade no acceso ao parque empresarial.

Estas obras enmárcanse na liña de axudas da Administración galega para impulsar a modernización de instalacións e servizos nos polígonos galegos co obxectivo de facelos máis competitivos e favorecer a implantación de novas empresas. Así, desde 2016 xa se executaron 17M€ en apoios en toda Galicia.

Conde lembrou que a consellería ten aberto o prazo, ata o 2 de febreiro, da nova convocatoria desta liña de apoios á que destina 2,1M€. Son de concorrencia competitiva e están dirixidos aos concellos galegos que queiran realizar diferentes melloras. As axudas poderán alcanzar os 120.000 euros por proxecto ou 138.000 se é de varios concellos. 

Te puede interesar